miércoles 31 de octubre de 2007

MVP


Saúdos a todos.
Gustaríame levar a cabo unha iniciativa para fomentar a unidade do equipo e é a seguinte: cada semana despois do partido, podemos valorar a nosa actuación propoñendo a outro compañeiro para que sexa o MVP da xornada. Non vale votar por un mesmo, e tampouco votos anónimos.
Rompendo o xeo, do primeiro partido eu non me quedo con ninguén; por suposto, o de non escoller a ninguén é unha posibilidade (aínda que agardo que non teñamos que usala moito).

miércoles 24 de octubre de 2007

Primeiro partido este sábado

O primeiro partido por fin. O sábado ás 9:00 (iso é comezar ben... Haberá que ver canta xente se "campanea") no campo de Sárdoma. ¿Alguén sabe onde está ese campo?
E o segundo o xoves (festivo) 01-11 tamén ás 9:00. Esta vez en Samil.
Que non falte ninguén (sen motivo) ou haberá represalias.

sábado 20 de octubre de 2007

Trocos na normativa

Por se alguén non se enterou, déixovos as novidades na normativa para este ano:

CAMBIO EN EL REGLAMENTO (No es oficial)

1) Junto a la tarjeta amarilla (amonestación) y a la roja (expulsión) se podrá sacar tarjeta azul, que conlleva expulsión pero con sustitución. Se mantiene la sanción de exclusión por dos minutos.
2) Desaparece el fuera de juego.
3) El saque del portero no podrá pasar del centro del campo, ni tampoco el saque de puerta de un jugador.
4) Existe cesión de saque de banda.

¿Que opinades?
Parece que queren achegarse ó fútbol sala; se é así é unha grande chapuza. Debe ser porque os árbitros "coñecen" (?) o regulamento de fútbol sala e non o de fútbol. Pero aínda así non me parece unha boa solución. A norma do saque do porteiro non lle vexo ningunha lóxica, ¿que se consegue con iso? A norma do fora de xogo, aínda que cuestionable, polo menos facilítalle a vida o árbitro.
Agardo opinións. Un saudo.

miércoles 17 de octubre de 2007

Comeza a viaxe...



A viaxe ó ascenso, por suposto. Este vai ser o noso ano, xa o veredes... As nosas estrelas brilarán coma nunca, a defensa será unha muralla, a nosa fe infinita.
Aconséllovos que vexades un ciclo de cine do estilo do que segue: "Braveheart", "Gladiator", "300"... A ver se collemos algo dese espírito guerrilleiro.
Esta tarde verei se poñen o día, hora e lugar do primeiro partido e xa o notificarei aquí.
Un saúdo a todos.

  ©WebLog realizado por Traviesas 1860 C.F-7.

Volver Arriba